Friday 03 de May de 2024

Os alumnos do CEIP José María Lage presentan o seu mural contra a violencia de xénero enmarcado no proxecto Xéneroarte


• O acto de presentación será o luns, ás 16:10 horas no colexio

• O traballo foi realizado polos alumnos e alumnas de 3º e 4º de EP durante o curso 2021/2022

O vindeiro luns, 30 de xaneiro, o CEIP José María Lage acollerá a presentación do mural realizado polo alumnado do centro, enmarcado no proxecto #Xéneroarte, que ten como temática principal a prevención das violencias e a promoción da igualdade de xénero.

O acto de presentación terá lugar o luns, a partir das 16:10 horas, no colexio de primaria. Mostrarase aos asistentes o traballo realizado polos alumnos de 3º e 4º de E.P. ao longo do cuso 2021/2022.
No mural poderá verse reflectido a mensaxe que o alumnado quere enviar á xente sobre a problemática da violencia de xénero e que deberiamos evitar para promover a igualdade entre homes e mulleres.

Desde o Concello de Ortigueira queremos convidar a todos e todas a comprobar o resultado deste magnífico traballo, que serviu para que os máis pequenos da casa aprendan a tratar a violencia de xénero e a igualdade desde temperá idade e que pretende concienciar sobre este problema a toda a poboación.